facebook el castriño twitter el castriño pinterest el castriño
Pazo El Castriño, Pontevedra Pazo El Castriño, Pontevedra Pazo El Castriño, Pontevedra

Pazo O castriño

Situado no corazón da Ría de Arousa, a escasos metros do centro de Vilagarcía, atópase esta marabillosa finca onde conmemorar os eventos máis importantes da súa vida; vodas, comuñóns, bautizos, etc,...
No inicio do século XX, os Duques de Terranova levantaron este singular pazo onde ao longo de moitos anos veranearon en compañías tan relevantes como os Reis de Bélxica Balduino e Fabiola. Decidiron naquel entón crear neste terreo un bosque repleto de árbores exóticas que chegaron dende distintos rincóns do mundo. Naquela época a fisionomía desta zona da cidade era ben distinta á actual, o mar chegaba ata as mansións de Camboa, grandes casas ocupadas polas familias adiñeiradas da época y que posuían o seu propio embarcadoiro. Deste xeito, e traido polo mar, os Duques de Terranova crearon a súa particular colección arbórea. Dende entón, O Castriño non deixou indiferente a quen tivo a oportunidade de pasearse polo seu bosque e belos xardíns.
Hoxe, máis de vinte anos despóis dende que un fatal incendio se levase con el o esplendor do interior dos seus muros, o seu entorno volve brillar como nunca, a recuperación e o coidado do bosque fan da finca o entorno ideal para todo tipo de celebracións.

Pazo El Castriño

  • Pazo El Castriño

    » ver galería

  • O Salón eo Pazo

    Con capacidade para trescentas cincuenta persoas, as súas modernas e elegantes instalacións en contraste co impresionante bosque que as rodea, fan deste espazo o lugar idóneo para todo tipo de celebracións, xa sexa familiar ou de empresa.

  • O Bosque e Xardíns

    O bosque e os xardíns do Castriño seduciranche dende o primeiro momento, coidados con esmero durante todo o ano trasládanche á paz, a tranquilidade e intimidade que encerran os seus muros, con especies únicas no mundo convérteno nun espazo exclusivo onde degustar o aperitivo ou fotografarse relaxadamente.

  • Pazo El Castriño

    » ver galería

  • O Lunche a piscina

    Este pequeño pero completo espazo, fará as delicias dos máis esixentes. Dispoñemos dun cambiador para que os noivos poidan ter un lugar de tranquilidade, completamente equipado con baño e acceso privado. O resto da edificación forma un bar onde deleitar aos teus convidados cun ambiente diferente e poder ofrecer cócteles ou bebidas Premium, sen o atafego da zona de baile. Cunha estupenda terraza xunto á piscina, converte este espazo no lugar ideal para festexar pequenos eventos ou onde sufocar o calor dos días e noites de verán.

BLOG

Sigue todas nuestras novedades.

» ver más